Extraescolares de Robótica Educativa

A nosa actividade principal

Exponse como un ciclo académico completo de duración, é dicir, as clases empezan a primeiros de setembro e terminan a finais de xuño

O CURSO 2023/2024 COMEZA O LUNS 4 DE SETEMBRO

A duración de cada clase é de 1,5h – 1 día á semana.

Temos 3 clases de Luns a Venres en horario de tarde:

16:00h

18:00h

20:00h

Formaremos grupos afíns por idades, e de tamaño reducido.

 

Reserva de Praza 2023 – 2024

SÓ PARA ALUMNOS DE WE ROBOTS

QR Reservas 2023 2024 Só Alumnos

SÓ PARA ALTAS NOVAS (NO ALUMNOS)

QR Reservas 2023 2024 Só Altas Novas (No Alumnos)
robotijo
folleto-robotica-educativa-we-robots

Realizamos un seguimento personalizado de cada alumno, adaptando os contidos á súa personalidade, proporcionando unha formación continua e actualizada, para ir consolidando coñecementos e avanzando cara a novos retos.

Cada grupo estará formado por 14 alumnos como máximo, cada un cun posto de traballo, e formarán equipo por parellas nas actividades da construción do robot que elixan do noso catálogo, desta forma fomentaremos o traballo en equipo e aprendizaxe cooperativo, involucrándolles nun proxecto común onde se repartirán as tarefas de forma espontánea, xurdindo desta forma especialistas por cada tarefa, e aprenderán a xestionar o seu propio proxecto. Nós guiarémoslles no proceso, pero as decisións serán súas.

Realizarán tarefas de análises, deseño, desenvolvemento, construción e probas no ámbito da robótica educativa, é dicir, en programación, electrónica, deseño e impresión en 3D.

Finalizada a construción do robot, e se así o desexan, poderán levarllo a casa (previo pago dos compoñentes que se utilizaron) para poder seguir avanzando sobre a súa programación e comportamento. Cada parella de traballo replicará a construción do robot elixido como proxecto final, e desta forma estará dispoñible o robot para o outro membro do equipo se quixese levarllo tamén.

We Robots proporciona todo o material necesario ao alumno para o desenvolvemento da actividade.

IMPORTANTE: SON PRAZAS LIMITADAS!!!

Crearemos os grupos en función das inscricións que vaiamos recibindo, e por rigorosa orde de chegada e confirmación.

Queres máis información?

Ponte en contacto connosco para solicitar máis información!