We Robots – Robótica Educativa

En “We Robots” estamos comprometidos coa educación dos nosos fillos, e apaixónanos a Ciencia e Tecnoloxía.

Somos profesionais da informática, con máis de 25 anos de experiencia tanto en enxeñería de software como en hardware, en Sistemas e en Xestión.

Queremos ofrecer unha formación extra, cun método distinto, que esperte e fomente a creatividade de cada neno dunha forma lúdica, adaptándonos a eles e potenciando as súas calidades e capacidades, achegando á súa aprendizaxe as bases de futuro para que poidan realizar unha enxeñería, ou simplemente para que se apaixonen pola Ciencia aplicada dunha forma que a comprendan desde pequenos.

Robótica

Imprime o seu “esqueleto” en 3D e monta os seus “músculos” con motores e servomotores.
Darlle “sentidos” como oído ou vista con sensores de ultrasóns e fotoresistencias.
Instala o seu “cerebro” electrónico usando microporcesadores e placas Arduino.
Programa o seu “comportamento” con linguaxes fáciles e divertidas como SCRATCH.

Electrónica

Nas nosas clases extraescolares, utilizarás tarxetas de microcontroladores e placas de prototipado para desenvolver os teus proxectos, nós facilitarémosche todo o material. Sempre somos grupos pequenos, ao final do curso, serás todo un experto en electrónica.

Programación

O futuro será para os que se preparan hoxe!
Mentres te divirtes programando videoxogos, aprenderás a usar divertidos pero potentes linguaxes de programación cos que poderás sentar sólidas bases para, no caso de que se esperte a túa vocación de enxeñeiro, poder desenvolver proxectos profesionais o día de mañá.

Deseño 3D

Aprenderás a deseñar pezas en 3D coas últimas ferramentas de software. Serán os chasis nos que montarás os servomotores, placas e baterías do teu robot. Tes á túa disposición nosas impresoras 3D para dar renda solta á túa imaxinación.

Últimas Noticias

Reserva de praza para Clases Extraescolares – Curso 2023 – 2024

Reserva de praza para Clases Extraescolares – Curso 2023 – 2024

XA PODES RESERVAR PRAZA E INSCRIBIRCHE PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024! NOVAS ALTAS (NO ALUMNOS) Inscríbeche Aquí        SÓ ALUMNOS DE WE ROBOTS Inscríbeche Aquí   Reserva de praza Curso 2023 - 2024 SÓ PARA ALTAS NOVAS (NO ALUMNOS) Escanéame   SÓ PARA ALUMNOS DE...

We Robots «BOT-CAMP» VERAN 2023

We Robots «BOT-CAMP» VERAN 2023

IMPAMENTO DE VERAN DE ROBÓTICA EDUCATIVA EN SANTIAGO, BERTAMIRANS, NOIA e RIBEIRA Inscríbeche Aquí Dende "We Robots" presentámosvos o noso campamento tecnolóxico para este Verán 2023. Ofrecemos campamentos por semanas (totalmente personalizables en días e horas) nos...

We Robots «BOT-CAMP» VERÁN 2021

We Robots «BOT-CAMP» VERÁN 2021

CAMPAMENTO DE VERÁN DE ROBÓTICA EDUCATIVA EN SANTIAGO, BERTAMIRANS, RIBEIRA E NOIA Rexístrate Aquí Dende "We Robots" presentamos o noso campamento tecnolóxico para este verán 2021. Ofrecemos campamentos semanais (totalmente personalizables en días e horas) SÓ NO MES...

We Robots “BOT-CAMP” SUMMER’16

We Robots “BOT-CAMP” SUMMER’16

Campamento de verán de robótica educativa en Noia Dende "We Robots" presentamos o noso campamento tecnolóxico para este Verán de 2016. Ofrecemos 7 semanas entre os meses de xullo e agosto para que os vosos fillos se divirtan e aprendan na nosa Aula de Noia, realizando...

Taller en C.E.I.P. de Pumar – Urdilde en Rois

Taller en C.E.I.P. de Pumar – Urdilde en Rois

Estivemos en Urdilde con tod@s @s alumn@s dos cursos de infantil e primaria do Colexio Pumar polas mañás ao longo de 3 semanas, realizando uns obradoiros de programación e robótica, onde puideron construír os seus propios videoxogos, programar algún dos nosos robots...

Estrenamos nova aula en Noia!

Estrenamos nova aula en Noia!

Mudámonos a unha aula máis grande e accesible para seguir facendo proxectos emocionantes de novas tecnoloxías todos xuntos. Vémonos en Rúa Galicia, 21!