We Robots «BOT-CAMP» VERÁN 2021

Xuñ 18, 2021 | Campamentos de Verán

CAMPAMENTO DE VERÁN DE ROBÓTICA EDUCATIVA EN SANTIAGO, BERTAMIRANS, RIBEIRA E NOIA Rexístrate Aquí Dende “We Robots” presentamos o noso campamento tecnolóxico para este verán 2021.

Ofrecemos campamentos semanais (totalmente personalizables en días e horas) SÓ NO MES DE XULLO, para que os vosos fillos se divirtan e aprendan nas nosas aulas, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, aplicacións para Android, deseño e impresión 3D.

Adaptaremos os talleres ao nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos.

Cremos que é unha moi boa opción para as mañás do verán, onde os teus fillos, ademais de pasalo moi ben, poderán descubrir e mellorar as súas habilidades nas diferentes actividades tecnolóxicas relacionadas coa robótica educativa, e iso será unha axuda fantástica no seu futuro para a realización de calquera enxeñaría técnica.

Poderán asistir nenos a partir de 6 anos, podendo inscribirse durante unha ou varias semanas.

RESERVA O TEU LUGAR! SON LIMITADOS! 10 ALUMNOS MÁXIMO POR SEMANA!

Rexístrate Aquí

DATAS E HORAS

As datas que propoñemos por Aula son as seguintes:

RIBEIRA:

Semana 4: do 26 ao 30 de xullo

NOIA:

Semana 3: do 19 ao 23 de xullo

BERTAMIRÁNS:

Semana 1: do 05 ao 09 de xullo
Semana 2: do 12 ao 16 de xullo

SANTIAGO:

Semana 1: do 05 ao 09 de xullo
Semana 2: do 12 ao 16 de xullo
Semana 3: do 19 ao 23 de xullo
Semana 4: do 26 ao 30 de xullo

Rexístrate Aquí

PREZOS DOS CAMPAMENTOS DE UNHA SEMANA

(5h ao día, durante 5 días, de 09:00 a 14:00) Estudantes de “We Robots”

Unha semana: 125 €
Semanas sucesivas: 110 €
Prezo “SEN ALUMNOS”

Unha semana: 135 €
Sucesivas semanas: 120 €

Rexístrate Aquí

Contacto

Redes Sociales

@werobotsacademy