We Robots “BOT-CAMP” SUMMER’16

Mar 26, 2021 | Campamentos de Verán

Campamento de verán de robótica educativa en Noia

Dende “We Robots” presentamos o noso campamento tecnolóxico para este Verán de 2016.

Ofrecemos 7 semanas entre os meses de xullo e agosto para que os vosos fillos se divirtan e aprendan na nosa Aula de Noia, realizando talleres de programación, electrónica, robótica, deseño e impresión 3D.

Adaptaremos os obradoiros ó nivel dos asistentes, puidendo asistir sen coñecementos previos.

Para os que xa son os nosos alumnos extraescolares, ademais de gozar dunha tarifa especial, avanzaremos con eles no desenvolvemento dun robot que lles permita divertirse nunha competición tipo “SUMO”, onde se enfrontarán a outros robots que son desenvolvidos no noso “BOT-CAMP”.

Cremos que é unha moi boa opción para as mañás de verán, onde os teus fillos, ademáis de pasalo moi ben, poderán descubrir e mellorar as súas habilidades nas diferentes actividades tecnolóxicas relacionadas coa robótica educativa, o que lles axudará no seu futuro para a realización de calquera enxeñaría técnica.

Poderán asistir nenos a partir de 8 anos, podendo inscribirse durante unha ou varias semanas.

! RESERVA O TEU LUGAR!
Rexistro pechado

¡SON LIMITADOS!

MÁXIMO 12 ALUMNOS POR SEMANA.

Contacto

Redes Sociales

@werobotsacademy