NESTE NADAL AGASALLA CUNHA CLASE DE ROBÓTICA EDUCATIVA EN SANTIAGO, BERTAMIRANS, RIBEIRA, NOIA ou BOIRO.
Desde “We Robots” presentámosvos unha forma de facer un agasallo para aqueles que lles gustaría ter unha experiencia dentro da Robótica Educativa. Poderán trocar este agasallo asistindo a unha clase de 1,5h de duración a elixir durante os meses de XANEIRO a MAIO en calquera das nosas 5 Aulas (Noia, Ribeira, Bertamiráns, Santiago ou Boiro), podendo realizar tarefas de programación de videoxogos, electrónica, robótica, realidade virtual, deseño e impresión en 3D, experimentos de Ciencia, e moitas cousas máis. Adaptaremos os talleres ao nivel dos asistentes, podendo asistir sen coñecementos previos. Cremos que é unha moi boa opción para regalar este Nadal, onde os asistentes ademais de pasarllo moi ben, poderán ter unha toma de contacto onde descubrir e potenciar as súas habilidades nas diferentes actividades tecnolóxicas relacionadas coa robótica educativa.