Feira de educación de Ribeira

Mar 26, 2021 | Eventos

 

Asistimos a varias edicións da Feira da Educación de Ribeira, convidados polo propio Concello, para facer obradoiros e demostracións ós asistentes durante os días da súa celebración. Polo noso Stand, e en cada edición, pasaron multitude de alumnos de todas as idades, onde tiveron de primeira man un contacto de calidade coas novas tecnoloxías e a robótica educativa.

Nos nosos obradoiros puideron realizar prácticas con diferentes linguaxes de programación, creando videoxogos e dotando ós nosos robots de diferentes secuencias de movemento. Tamén realizaron montaxes de circuitos electrónicos, programando diversos sensores e actuadores e no apartado de deseño, puideron realizar e imprimir as súas propias creacións de pezas en 3D.

Contacto

Redes Sociales

@werobotsacademy